Axuda ao pósito fisterrán para o seu plan anual de comercialización
Este apoio tamén está destinado a mellorar a presentación e conservación dos produtos para acadar mellores prezos e impulsar o emprego na lonxa

A deputada provincial de Mar, Cristina Capelán, na súa visita a Fisterra. / Deputación da Coruña
A deputada provincial de Mar, Cristina Capelán Cancelo, visitou a Confraría de Pescadores de Fisterra, coa que a Deputación colabora a través dunha achega de 24.000 euros destinada a impulsar o seu programa anual de comercialización pesqueira e apoiar o relevo xeracional, no marco da liña de axudas ás confrarías dotada cun orzamento de 800.000 €.
O apoio da Deputación contribúe tamén a mellorar a presentación e conservación dos produtos para acadar mellores prezos e impulsar o emprego na lonxa, onde se contratou unha nova persoa para reforzar a actividade de subasta. A confraría conta cun dos armadores máis novos de España, un rapaz de 19 anos, «exemplo do éxito das políticas de relevo xeracional», subliñou Capelán.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos
- El Obradoiro arrasa con una victoria de equipo grande
- Llega a Santiago el equipo multidisciplinar que instalará el ciclotrón en el Centro de Protonterapia de Galicia
- Un fin de semana cargado de eventos dispara la ocupación hotelera en Santiago