Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

ACCIDENTE LABORAL

Dous traballadores feridos tras caer dun tellado en Mazaricos

Un deles foi evacuado en helicóptero porque non podía mover as pernas

Un dos operarios foi evacuado nun helicóptero medicalizado.

Un dos operarios foi evacuado nun helicóptero medicalizado. / Helico Santiago

Mazaricos

Dous traballadores resultaron feridos esta tarde tras caer dun tellado no lugar de Ponte Olveira, en Mazaricos. Un deles tivo que ser evacuado en helicóptero porque non podía mover as pernas, mentres que o compañeiro foi trasladado en ambulancia por posible luxación, igualmente nas extremidades inferiores.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, os dous operarios caeron dun tellado cando cortaban unhas chapas. Poderían estar a unha altura aproximada de cinco metros, tal e como explicaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que deron a voz de alerta ás 17.30 horas desta tarde.

Para a atención dos feridos, foron enviadas varias dotacións, unha delas a bordo do helicóptero para a evacuación dun dos traballadores que, aínda que tiña sensibilidade, non movía as pernas.

Ata o lugar foron mobilizados tamén axentes da Garda Civil e membros do GES de Muros

Tracking Pixel Contents