Comezan os traballos de restauracióndo encoro da área da Presa en Frades
O Concello asumirá a súa titularidade cando se rematen as obras
A Xunta financia o proxecto con preto de 50.000 euros

A zona das actuacións. / Cedida
Augas de Galicia iniciou onte as obras de recuperación do encoro sobre o río Tambre e de posta en valor da contorna fluvial da área recreativa da Presa, na parroquia de Ledoira (Frades). Uns traballos froito do convenio de colaboración asinado o pasado 27 de setembro pola conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Frades, Roberto Rey.
A Xunta financia con preto de 50.000 euros os traballos, mentres que o Concello asumirá a titularidade do encoro cando os traballos de restauración estean rematados.
As intervencións consisten na restauración dun tramo de 15 metros do encoro, punto no que se xerou unha das principais praias fluviais de Frades. Para iso utilizaranse bloques de pedra granítica de entre 400 e 800 quilogramos, que permitirán reconstruír unha infraestrutura que na actualidade se atopa deteriorada debido ás enchentes e temporais do último inverno.
"Agardamos que este cambio de titularidade facilite tamén que dende o Concello poidamos realizar os traballos de mantemento e conservación na totalidade da área recreativa da Presa", apunta Roberto Rey .
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- El mejor quinteto de la historia del Obradoiro vuelve a reunirse
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: "Me han enterrado a un amigo dos veces"
- Ames y Teo se cuelan en el Top 10 de los concellos coruñeses de mayor renta
- Tres restaurantes con alma compostelana, entre las mejores aperturas de España
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos