Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A antiga Fábrica de Sel acollerá desde mércores ata sábado as II Xornadas da Historia de Muros

En total serán catro relatorios distintos e todos están fixados ás 20.00 horas da tarde

Caridad González, no centro á esquerda, na presentación das sesións.

Caridad González, no centro á esquerda, na presentación das sesións. / Cedida

Muros

Desde este mércores, 8 de outubro, e ata o próximo sábado, día 11, celébranse na antiga Fábrica de Sel as II Xornadas da Historia de Muros Vivencias da Veciñanza, organizadas pola área de Cultura do Concello de Muros.

Os encontros comezarán o mercores coa intervención de Margarita Novo co relatorio Unha ollada dende o mar. Os bares como principais lugares de ocio dos mariñeiros de Muros, e a apertura da exposición de fotografíaVeciños de Muros nos anos 50. Visión de D. A. Selgas, conducida por Madó Santos.

Xa para o xoves o programa inclúe unha sesión de Santiago Llovo sobre a industria da salgadura en Muros, ás 20.00 horas, e o venres María Mayo reflexionará cos asistentes sobre a historia do Santuario da Virxe do Camiño, tamén ás 20.00 horas.

As xornadas conclúen o sábado 11 da man da Agrupación Folclórica Ximiela co relatorioViaxando no tempo: a indumentaria tradicional. O traxe de Muros, a partir das 20.00 horas.

“Esta é unha oportunidade de lembrar e ter moi presente o noso pasado como vila da man dos seus principais protagonistas, os veciños e veciñas de Muros”, afirmou Caridad González, edil de Cultura.

Tracking Pixel Contents