O Concello da Estrada advirte ás empresas do polígono de Toedo: prohibido depositar residuos industriais nos colectores comúns
O concelleiro Óscar Durán lembra que os contedores están destinados só a lixo doméstico e avanza que se realizará un seguimento para identificar infraccións se persiste o problema

Lixo industrial depositado nos colectores do polígono / Cedida
El Correo Gallego
O Concello da Estrada reiterou hoxe a prohibición de depositar residuos procedentes da actividade industrial nos contedores do parque empresarial de Toedo, logo de detectarse repetidos incumprimentos por parte dalgunhas empresas.
O concelleiro de Servizos Municipais, Óscar Durán, lembrou que estes colectores están destinados exclusivamente a lixo asimilable ao doméstico, e que cada empresa ten a obrigación de contratar un xestor autorizado para o tratamento do refugallo xerado pola súa actividade.
«Non o dicimos por capricho do Concello, senón porque as empresas recolledoras nos están trasladando esta situación e non queren recollelo, xa que tamén para elas supón un problema», explicou Durán, facendo fincapé na necesidade de cumprir coa normativa ambiental e de xestión de residuos.
Entre os materiais indebidamente depositados figuran plásticos, cartóns e elementos de embalaxe industriais, que deben ser xestionados dentro dos sistemas internos de reciclaxe de cada empresa, e non a través dos colectores comúns situados nas vías do polígono.
Durán advertiu ademais de que, se a situación continúa, o Concello e as empresas recolledoras poderán rastrexar a orixe dos residuos mediante elementos identificativos como códigos de barras, co fin de impor as sancións correspondentes aos responsables.
«Queremos lanzar un aviso claro: a recollida de lixo do polígono industrial non se realiza xunto coa urbana. Nestes colectores pódese depositar o lixo que xeraría calquera cidadán, pero o derivado da actividade empresarial debe xestionarse a través dun servizo autorizado», subliñou o concelleiro.
O goberno local fai así un chamamento á responsabilidade das empresas para manter a orde, a limpeza e o correcto funcionamento do servizo de recollida no parque empresarial de Toedo, evitando problemas ambientais e sancións innecesarias.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- El héroe del último ascenso de la SD Compostela 'ficha' por el Deportivo
- Muere Jesús Bernal, el atleta más querido del circuito gallego
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos