O Concello de Porto do Son culmina a modernización da Estación Depuradora de Augas Residuais de Xuño
As obras supoñen melloras na eficiencia e no control do proceso de depuración, cun investimento de máis de 93.000 euros financiados pola Deputación da Coruña,

Melloras do EDAR en Xuño / Cedida
El Correo Gallego
O Concello de Porto do Son vén de concluír as obras de modernización da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Xuño, unha actuación financiada polo POS+ Adicional 2/2022 da Deputación da Coruña cun investimento total de 93.593 euros.
Esta intervención permitiu mellorar a eficiencia, a seguridade e o control automatizado do proceso de depuración, a través da renovación do sistema de bombeo, a instalación dun novo depósito semisoterrado e a optimización da automatización da planta.
O proxecto incluíu a substitución do antigo sistema de bombeo por outro máis adaptado á xeometría e ao espazo dispoñible, así como a instalación dunha estación remota de telecontrol, que conecta os dispositivos locais cos sistemas de control remoto. Ademais, incorporáronse un sensor de detección de alivios e unha sonda de osíxeno para mellorar a supervisión dos procesos.
Renováronse tamén os elementos de caldeiraría en aceiro inoxidable, incluíndo a valvularía necesaria para o correcto funcionamento da instalación e para permitir o mantemento das bombas sen interrupción do servizo. O novo cadro de bombeo conta con dúas bombas, sistemas de protección eléctrica, alarma vía SMS e medidas de seguridade fronte a sobretensións.
O Concello destacou que esta actuación supón un paso máis na súa aposta pola mellora continua das infraestruturas hidráulicas municipais e pola xestión sostible dos recursos naturais.
En palabras do goberno local, «a modernización da EDAR de Xuño garante un servizo máis eficiente, seguro e respectuoso co medio ambiente, reforzando o compromiso do Concello coa calidade de vida da veciñanza».
- Ni Ribadavia ni Combarro: el pueblo con más magia de Galicia está en área y a menos de media hora de Santiago
- Jornada accidentada en Santiago: colisión en cadena, un atropello y un camión 'derriba' el alumbrado de Nadal
- El primer jefe de Neurología del Hospital Xeral de Santiago, con la bata 50 años después
- O ‘cohousing’, máis preto de despegar en Santiago con 30 vivendas: «Parecía un soño, pero é real»
- Reabre Aenea, libros e conciencia social para seguir facendo barrio
- Caneliñas: 101 años de la gran factoría ballenera de Cee
- Un cliente revienta de madrugada la nariz al dependiente de una tienda 24 horas del Ensanche de Santiago
- El juzgado autoriza a Pérez Rumbao a que adquiera los concesionarios del Grupo Yáñez