Arzúa remata a mellora integral da rúa Calexa aportando fondos propios para satisfacer "as necesidades dos veciños"
A zona de aparcamento foi acondicionada con gabia revestida de formigón e unha completa rede de pluviais baixo o pavimento

A edil de Turismo, Begoña Balado, visitou a zona en obras / Cedida
O Concello de Arzúa ven de finalizar unhas obras de mellora e poñer en marcha outras na rúa Calexa, un proxecto que, según sinalan dende a Administración local foi ampliado significativamente tras "escoitar as necesidades da veciñanza" nunha reunión mantida coa comunidade.
Nun principio o proxecto foi financiado cunha partida da Deputación Provincial, sen embargo o Goberno municipal decidiu ampliar o alcance da actuación con fondos propios "para dar unha resposta máis completa ás demandas cidadás". A intervención xa está en funcionamento e nos próximos días completarase coa colocación do mobiliario urbano.
Por un lado, toda a zona de aparcamento foi acondicionada con gabia revestida de formigón e unha completa rede de pluviais baixo o pavimento, con sumidoiros aproximadamente cada 25-30 metros no lateral dereito (en subida), culminando cun sobrancho en aglomerado.
A maiores, executouse unha ampliación que comprende a parte superior das edificacións, tamén con gabia revestida, e o acondicionamento da zona diante dos edificios, que inclúe un sistema de recollida de augas pluviais.
A edil de Turismo, Begoña Balado, destacou "o compromiso do goberno local por escoitar a cidadanía e mellorar a calidade de vida nos nosos espazos urbanos", e que a ampliación da rúa Calexa "responde a ese obxectivo de aproveitar e embelecer o noso entorno para o disfrute de todos os veciños e veciñas".
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Los ríos de Santiago multiplican su caudal por diez en cuatro horas: 'Subiu alomenos cinco metros
- Prime Video desembarca en Santiago para grabar nuevos capítulos de una de sus series de referencia
- Santiago pone fecha a la llegada de la Navidad : del encendido de las luces a los mercados, todo lo que debes saber
- Desalojado el narcopiso de Fontiñas: «Estamos contentos»
- El ADN innovador de Finsa: 'Es uno de los principales usuarios del supercomputador del Cesga
- «Esta fiesta por los 90 años de Capitol es una muestra de orgullo picheleiro»
- Los efectos de Claudia en Santiago: un herido en la AP-9 y varios puntos inundados