SEGURIDADE
Seis novos axentes da Policía Local en Carballo
O cadro de persoal pasa agora a estar integrado por 33 profesionais

Os seis novos axentes tomaron posesión nun acto celebrado no concello. / C. Carballo
A Policía Local de Carballo incorporou seis novos axentes. David Nieto Seoane, Javier María Vidal Paredes, Héctor Juan Picado Outeiral, Adrián Casas Pernas, Aarón Pedroso Fernández e Juan Pazos Gonçalvez asinaron os seus contratos como funcionarios de carreira despois de completar a súa formación na Academia Galega de Seguridade.
No mes de xaneiro asinaran como axentes en prácticas, tras superar o proceso selectivo correspondente, e no verán realizaron as súas prácticas xa en Carballo.
No acto de incorporación participaron a alcaldesa en funcións, Belén Lendoiro; o concelleiro de Policía, Juan Seoane; o xefe da Policía Local, Pedro Cancela, e varios compañeiros e compañeiras dos novos axentes.
Coas últimas incorporacións, o cadro de persoal da Policía Local de Carballo pasa a estar integrado por un total de 33 profesionais.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- El mejor quinteto de la historia del Obradoiro vuelve a reunirse
- Ames y Teo se cuelan en el Top 10 de los concellos coruñeses de mayor renta
- Tres restaurantes con alma compostelana, entre las mejores aperturas de España
- El embarcadero 'de cuento' que enamora en Galicia: oculto en un pazo a cuarenta minutos de Santiago
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: "Me han enterrado a un amigo dos veces"
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito