A Xunta reforza o río Sar ao seu paso por Rois para previr as inundacións
As obras forman parte dun plan autonómico de conservación fluvial de 2,7 millóns de euros anuais

A conselleira Ángeles Vázquez vistiou as obras do río Sar. / Cedida
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou as actuacións que se están a realizar no río Sar, ao seu paso por Rois, co obxectivo de mellorar o estado das marxes e previr posibles inundacións de cara ao inverno. Durante a visita, na que estivo acompañada polo director de Augas de Galicia, Roi Fernández, Vázquez explicou que a Xunta destina 2,7 millóns de euros este ano a distintas intervencións de conservación fluvial en toda Galicia.
A maior parte dos fondos concéntranse nas Áreas de Risco Potencial Significativo de Inundación (Arpsi), zonas especialmente vulnerables ante episodios de choiva intensa.
«Estas actuacións permiten garantir a libre circulación da auga e previr asolagamentos en períodos de fortes precipitacións», indicou a conselleira, que puxo como exemplo os traballos que se executan na Arpsi Ulla–Sar, onde se prevé actuar en preto de 68 quilómetros de ríos e regos dos concellos de Rois, BriónPadrónValgaDodroCatoira e Rianxo, cun investimento superior aos 250.000 euros.
Neste 2025 Augas de Galicia acometeu 80 actuacións en máis de 320 quilómetros de marxes fluviais, centradas na limpeza, retirada de obstáculos e mellora da vexetación autóctona.
Estas intervencións, sinalou Vázquez, «son esenciais para minimizar os riscos asociados ás crecidas e contribuír á conservación ambiental dos ríos galegos».
A conselleira avanzou tamén que o Goberno galego está a traballar na actualización do Plan para a Xestión do Risco de Inundación (PXRI) da demarcación Galicia-Costa para o período 2028–2033, que identificará 172 zonas fluviais e 28 costeiras como puntos sensibles ante posibles asolagamentos. «Coñecer con precisión onde poden producirse inundacións é clave para anticiparse e actuar a tempo», subliñou.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- El héroe del último ascenso de la SD Compostela 'ficha' por el Deportivo
- Muere Jesús Bernal, el atleta más querido del circuito gallego
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Viveiros Compostela pone color a la Navidad: 'Cada año se vende más flor de Pascua
- Agotado el Bono Activa Comercio tras solo dos días en funcionamiento