Ames abre o mercado de productos da horta e artesanía ao sector hostaleiro
O Concello organiza unha xuntanza para que os profesionais da hostalería coñezan os produtos e produtores locais

Mercado de produtos da horta e artesanía / Cedida
El Correo Gallego
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, organizará o vindeiro luns 13 de outubro unha xuntanza co persoal das empresas amesás relacionadas coa hostalería e a restauración. O encontro celebrarase ás 9.30 horas no salón de plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns, e busca dar a coñecer entre os profesionais o mercado de produtos da horta e artesanía, que se celebra todos os sábados na praza da Maía.
A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, sinala que «a través desta xuntanza coa hostalería amesá tratamos de abrir o mercado aos profesionais hostaleiros e da restauración para que coñezan os produtos que se venden e tamén saiban quen produce ditos produtos. Queremos implicar ao sector hostaleiro no mercado co obxectivo de organizar diferentes actividades en colaboración con eles. Un dos obxectivos é organizar un concurso de tapas con produtos do mercado».
O encontro pretende establecer sinerxías entre os establecementos hostaleiros e os produtores de alimentos, promovendo unha colaboración que impulse a visibilidade da produción local e fomente un espazo de encontro entre produtores e consumidores. Ademais, a iniciativa busca transformar o mercado nun centro de vida social e económica de Bertamiráns, sensibilizar á veciñanza sobre a importancia da alimentación saudable e sostible e fomentar a economía local, apoiando novas persoas produtoras, artesás e actividades culturais.
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Una bañense con cáncer a los 43 años logra más de 42.000 firmas para que adelanten el cribado
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- La Guardia Civil incauta más de 1.500 plantas de marihuana en dos naves de Oroso y O Pino: seis detenidos
- Una física compostelana que trabaja para Amazon trae a Santiago la 'segunda revolución cuántica
- Renfe anuncia la cancelación de trenes entre Ourense y Santiago por unas obras en diciembre
- Urovesa entregará en 2026 los primeros prototipos del blindado VERT destinados al Ejército