GASTRONOMÍA
Costa da Morte convida a degustar as delicias do mar nos «meses con R»
Paloma Rivero e Álvaro Rodríguez elaboraron menús mariñeiros no Parador

Representantes da Xunta, do Concello de Muxía e de APTCM na presentación do proxecto. / X. G.
O Parador de Muxía foi o marco escollido para celebrar o showcooking de presentación do proxecto Sabor a Mar con R, da Asociación de Profesionais de Turismo da Costa da Morte (APTCM), co apoio do GALP Costa da Morte, que xuntou corenta persoas entre representantes institucionais, profesionais do sector turístico e gastronómico, e público interesado na valorización dos produtos mariños desta franxa atlántica.

Álvaro Rodríguez e Paloma Riveiro elaborando os menús no Parador de Muxía. / Cedida
A presentación contou cun showcooking a catro mans, a cargo de recoñecidas figuras da cociña galega, como Paloma Riveiro, xefa de cociña do Parador Costa da Morte, e Álvaro Rodríguez Caamaño, chef do restaurante D’Alvaro, de Muxía, que deleitaron aos asistentes con propostas que conxugan creatividade e respecto pola tradición mariñeira.

Longueirón de Fisterra con escabeche de mandarina. / Cedida
Elaboraron catro pratos inspirados baseados en produtos de tempada e co mar como protagonista. Deleitaron aos asistentes con longueirón de Fisterra con escabeche de mandarina, caldo galego con algas do Atlántico con percebes de Muxía e congro asado, robaliza encurtida con alioli de alga percebe e unha tarta Chocolate da Morte con alga percebe.

Robaliza encurtida con alioli de alga percebe / Cedida
Pepe Formoso, presidente da APTCM, destacou «a importancia de aproveitar os meses con R, que coinciden co período de maior calidade dos produtos do mar, e seguir apostando pola súa promoción sostible e territorial».
Ao acto sumáronse o alcalde de Muxía, Javier Sar, quen puxo en valor «o produto do mar durante todo o ano», e a delegada da Xunta, Belén do Campo, quen destacou que o proxecto, que se prolongará ata xuño de 2027, conta cun apoio do GALP Costa da Morte de máis de 87.000 euros financiados pola Consellería do Mar, no marco do Fondo Europeo de Pesca e de Acuicultura 2021-2027.

Tarta Chocolate da Morte con alga percebe. / Cedida
Sinalou que o obxectivo é ofrecer «unha experiencia gastronómica e de ocio única xuntando calidade, tradición e innovación e dando valor ao sector pesqueiro». A iniciativa consiste na creación dunha rede de restaurantes, na que se ofrecerá, tanto a veciños como visitantes, a riqueza dos pescados e mariscos da zona e experiencias relacionadas co mar.
Calendario de consumo
Tamén se elaborarán unha base de datos de provedores de produtos e servizos do mar, un calendario óptimo de consumo,un manual, material formativo e didáctico, e actividades de difusión, divulgación e márketing.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- El mejor quinteto de la historia del Obradoiro vuelve a reunirse
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: "Me han enterrado a un amigo dos veces"
- Ames y Teo se cuelan en el Top 10 de los concellos coruñeses de mayor renta
- Tres restaurantes con alma compostelana, entre las mejores aperturas de España
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos