En marcha a mellora viaria e reorganización do tráfico na Área 33 de Silleda
O Concello e a Xunta invisten 138.000 euros para modernizar rúas, sinalización e accesos dun parque empresarial con máis de 80 empresas
Tamén se cortaron os accesos dende a N-525 para a actuación de mellora que está a levar a cabo o Ministerio de Transportes e Mobilidade

Na esquerda, alcaldesa Paula Fernández Pena, na súa visita ás obras / Cedida
El Correo Gallego
O Concello de Silleda iniciou as obras de mellora das infraestruturas viarias no parque empresarial Área 33, cun investimento de preto de 138.000 euros, cofinanciados pola Xunta de Galicia e o Concello a través do Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra.
Os traballos, adxudicados á empresa Taboada y Ramos, inclúen a renovación de máis de 2,2 quilómetros de rúas, con actuacións de fresado e reposición do firme, reforzos nos cruzamentos e a aplicación dunha nova capa de rodadura con microaglomerado en frío. Tamén se procederá á renovación da sinalización horizontal e vertical en todo o ámbito da primeira fase do polígono.
Un dos cambios máis salientables será a implantación dun novo sistema de circulación en sentido único, coordinado coa Policía Local, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria e a operatividade no recinto. Ademais, habilitaranse novas zonas de estacionamento para facilitar o acceso e o tránsito das máis de 80 empresas que operan na Área 33.
A alcaldesa e responsable municipal de Obras, Paula Fernández Pena, que visitou as obras xunto coa concelleira de Promoción Económica, Estefanía Taín, sinala que «estas actuacións supoñen un paso importante para modernizar e adaptar o parque ás necesidades actuais do tecido empresarial, mellorando tanto a seguridade como a funcionalidade das súas rúas». O Concello manterá unha canle aberta de coordinación co empresariado para minimizar posibles incidencias.
Para complementar as melloras na zona empresarial, o Ministerio de Transporte e Mobilidade tamén acometeu obras nos accesos ao polígono dende a estrada Nacional Santiago-Ourense (N-525). Para realizar estes traballos foi preciso cortar os accesos dende o mediodía ata as 18:00 horas.
«Somos conscientes das molestias que as obras poidan causar, pero trátase dunha mellora necesaria e moi demandada polo sector, que contribuirá a reforzar o carácter estratéxico da Área 33 como motor económico de Silleda e da comarca», engadiu Fernández Pena.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos
- El Obradoiro arrasa con una victoria de equipo grande
- Llega a Santiago el equipo multidisciplinar que instalará el ciclotrón en el Centro de Protonterapia de Galicia
- Un fin de semana cargado de eventos dispara la ocupación hotelera en Santiago