CULTURA
O arquitecto Carlos Henrique Fernández Coto avalía 'A nosa herdanza cultural' en Cee
Compartirá o seu saber con alumnos de Bacharelato no Mes da Fundación Fernando Blanco

Carlos Henrique Fernández Coto, arquitecto. / Cedida
O auditorio da casa de cultura de Cee, acolle mañá, día 9 ás 12.00 horas, a conferencia de Carlos Henrique Fernández Coto baixo o título A nosa herdanza cultural, enmarcada no programa O Mes da Fundación Fernando Blanco.
O relatorio está dirixido a alumnado de 1º de Bacharelato do IES Agra de Raíces e do IES Fernando Blanco. Fernández Coto contarálles como a herdanza cultural galega constitúe un alicerce esencial para a identidade do noso pobo, pois configura unha singularidade cultural propia e sen igual.

Cartel promocional da conferencia do Mes da Fundación Fernando Blanco de Cee. / Cedida
Carlos Henrique Fernández Coto é arquitecto pola Universidade de Santiago e Doutor Arquitecto, especialista en Urbanismo e Restauración, pola Universidade da Coruña. Dende o 2010 é o director da Oficina de Rehabilitación de Rianxo.
En canto á súa actividade asociativa e activista promove a difusión e protección do patrimonio cultural, arquitectónico, urbano e inmaterial de Galicia dende diferentes foros e actividades, sendo ademais presidente da Asociación para a defensa do patrimonio cultural galego (Apatrigal), entre outras entidades.
Ao longo da súa traxectoria profesional recibiu distintos premios e recoñecementos, como o Premio Terza na Bienal de Venecia pola proposta de rexeneración urbana do centro histórico de Padua: o primeiro premio pola urbanización en As Burgas, Ourense, ou a Medalla de Ouro Europea ao Mérito no Traballo.
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Urovesa entregará en 2026 los primeros prototipos del blindado VERT destinados al Ejército
- Entra en vigor el encierro de aves de corral en 40 concellos por la gripe aviar
- Santiago calienta motores para el 'As Cancelas Music Fest' con Nena Daconte, Cepeda, Ortiga y Menta Poleo
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Vuelca un coche en la AG-56 a la salida de la autopista en Santiago
- Renfe anuncia la cancelación de trenes entre Ourense y Santiago por unas obras en diciembre