O Culturgal Expandido leva a Ribeira todas as disciplinas da cultura galega
O auditorio municipal acollerá os días 25 e 26 de outubro obradoiros, espectáculos e concertos con artistas locais e programación para todas as idades

Dende a esquerda: Camilo Franco, Luís Pérez, Natividad González e Antía Alberte na presentación do programa / Cedida
El Correo Gallego
O Auditorio Municipal de Ribeira será sede os días 25 e 26 de outubro da edición 2025 do Culturgal Expandido, un evento que reunirá todas as disciplinas da cultura galega e que inclúe actividades para todas as idades.
Entre os participantes destacan Quico Cadaval, Fran Sieira, Nan Îllonia, Susana Sampedro e Os Liantes, ademais de obradoiros, conversas literarias e espectáculos infantís.
«O Culturgal Expandido chega a Ribeira para manter o noso propósito de levar a cultura galega ás vilas pequenas e medianas da provincia», asegurou Natividad González, deputada de Cultura da Deputación da Coruña, durante a presentación do programa xunto ao alcalde Luis Pérez, a concelleira de Cultura, Antía Alberte, e o director de Culturgal, Camilo Franco.
Luis Pérez destacou que «é moi importante para nós que Ribeira sexa sede dun dos eventos máis importantes do ano na cultura galega», mentres que Antía Alberte sinalou «a oportunidade que isto supón para a nosa vila, dous días para facer comunidade e coñecer o máis novo da cultura galega». Camilo Franco engadiu que «este Culturgal Expandido quere unir a enerxía cultural galega coa enerxía cultural dunha vila como Ribeira cun obxectivo final, que non é outro que divertirse», e definiuno como «un bonsai do Culturgal de Pontevedra, con literatura, música, danza, artes escénicas, videoxogos e cinema».
O sábado 25 comeza ás 10:00 horas co obradoiro ‘Mediación. Un baile ceibe en comunidade’, de Fran Sieira, seguido ás 12:00 horas do espectáculo infantil ‘O lobo feliz’, con Miguel Guido. Ás 13:00 horas terá lugar o obradoiro ‘Pensa o teu guión de videoxogo’, mentres que pola tarde se desenvolverán clubes de lectura, conversas literarias, danza, Quico Cadaval e a proxección da película ‘O Apóstolo’.
O domingo 26, a mañá estará dedicada a programación infantil con ‘Contamos contos de lobos?’, de Ghazafellos, e ‘O rap do coello fedello’, de Irene Alonso Gasalla. Pola tarde, os asistentes poderán participar nun obradoiro de cinema, asistir ao coloquio cos premiados do certame ‘Cidade Centenaria de Ribeira’ e disfrutar do peche musical con Nan Îllonia, Os Liantes, Lau Panicanela e XeVA & Mon-O.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos
- El Obradoiro arrasa con una victoria de equipo grande
- Llega a Santiago el equipo multidisciplinar que instalará el ciclotrón en el Centro de Protonterapia de Galicia
- Un fin de semana cargado de eventos dispara la ocupación hotelera en Santiago