O Magosto de A Baña traerá música, maxia e castañas asadas o 18 de outubro
A tradicional festa celebrarase na Escola de Música Emilio Andújar e está pensada para todas as idades

Castañas asadas no Magosto / Cedida
El Correo Gallego
O sábado 18 de outubro terá lugar en A Baña o seu tradicional Magosto, unha xornada de convivencia que combinará música, maxia e degustación de castañas asadas.
A xornada comezará ás 17.00 horas na Escola de Música Emilio Andújar, coa actuación do Mago Teto, que sorprenderá aos asistentes cun espectáculo cheo de ilusións e humor. Tras a actuación, as persoas participantes poderán degustar castañas asadas de balde, e a festa rematará cunha animada foliada coa colaboración de membros da Escola de Música Tradicional da Baña.
O evento está organizado pola Concellería de Acción Social, Cultural e Servizos á Cidadanía, coa colaboración da Asociación Alborada, e pretende ofrecer unha tarde de lecer e tradición para todas as idades, reforzando o carácter comunitario e festivo do Magosto no municipio.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere una persona en Porto do Son después de chocar con un caballo
- Agotado el Bono Activa Comercio tras solo dos días en funcionamiento
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
- Muere Jesús Bernal, el atleta más querido del circuito gallego