Rois inicia o novo curso de actividades deportivas e culturais con máis de 660 matrículas
Zumba, patinaxe, pilates e pandeireta seguen entre as disciplinas máis demandadas, mentres a Escola de Música suma 90 solicitudes

Nenos e nenas que participan no curso de informática / Cedida
El Correo Gallego
O curso municipal 2025/2026 arrancou en Rois cun novo récord de participación. O Concello rexistrou máis de 660 inscricións nas distintas actividades deportivas e socioculturais que se desenvolverán ata o mes de xuño, repartidas entre Rois e Urdilde. A maiores, a Escola Municipal de Música suma 90 solicitudes, consolidándose como unha das propostas máis populares.
As actividades deportivas acumulan 460 matrículas. Entre as modalidades máis demandadas entre a cativada destacan zumba kids e patinaxe artística, que volven incrementar o número de participantes. Tamén se recupera a práctica do judo, despois de varios anos sen acadar alumnado suficiente, e medra o interese polo atletismo. Complétase a oferta con tenis, ximnasia rítmica e xadrez, tanto presencial como en liña.
No caso das persoas adultas, o pilates e a zumba son as actividades preferidas, con clases en Rois, Urdilde e Ribasar. Tamén contan con boa acollida a ximnasia de mantemento para maiores de 55 anos, con sesións en Urdilde, Ribasar e Ermedelo, así como o ioga e o baile en parella.
No ámbito sociocultural, as inscricións superan xa as 200. A pandeireta continúa sendo unha das actividades estrela, con grupos en Rois, Urdilde e Ermedelo, que desde 2011 contribúen á recuperación da música tradicional. Tamén destacan os obradoiros de arte impartidos por Camilo Seira, con alumnado de todas as idades, e os cursos de encaixe de palillos, vainicas e memoria.
O interese polas novas tecnoloxías reflíctese na alta demanda dos cursos de mecanografía e informática, dirixidos a alumnado dos primeiros ciclos de primaria. A actividade de cociña creativa, estreada o pasado ano, tamén figura entre as favoritas da rapazada.
Ademais, o servizo de ludoteca reforzará a conciliación familiar, ofrecendo ás familias a posibilidade de ampliar o horario lectivo dos escolares.
A Escola Municipal de Música incorpora este curso unha hora semanal gratuíta de formación destinada aos ensaios dunha nova agrupación musical, que actuará nos intercambios culturais previstos para o ano, seguindo a traxectoria de anteriores edicións con actuacións en Venecia, Letonia e Portugal.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Muere una persona en Porto do Son después de chocar con un caballo
- Agotado el Bono Activa Comercio tras solo dos días en funcionamiento
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- El héroe del último ascenso de la SD Compostela 'ficha' por el Deportivo