SAÚDE
Seiscentas carballesas convocadas para o cribado de detección de cancro de mama
Terán autobuses de balde para poder desprazarse á Coruña

Una mujer durante la prueba de mamografía. / EL CORREO
Seiscentas mulleres de Carballo están convocadas para o próximo cribado do programa galego de detección precoz do cancro de mama, segundo o Servizo Galego de Saúde (Sergas). As probas realizaranse na Coruña entre o 3 e o 19 de novembro, e haberá autobuses de balde para facilitar os desprazamentos ás interesadas.
Os vehículos farán dúas rutas, unha para as mulleres citadas entre as 09.00 e as 09.45 horas e outro para as convocadas de 12.30 a 13.00 horas. Sairán da capela da Milagrosa ás 08.00 e 11.15 horas; da estación de autobuses, ás 08.05 e 11.20 h; da rúa Perú (parada Rego da Balsa), ás 08.07 e 11.22 h; da rúa Vázquez de Parga, 120, ás 08.10 e 11.25 h; e da igrexa de Bértoa, ás 08.15 e 11.30 horas.
O día da cita, para poder facerlle a mamografía é imprescindible presentar o DNI. Tamén se recomenda levar roupa cómoda e que non se bote talco nin crema nas mamas. Se algunha persoa non pode acudir no día ou hora prevista, pode cambiar a cita a través da APP Sergas Móbil ou poñéndose en contacto co Programa.
Segundo indica o Sergas, se o resultado da mamografía está dentro da normalidade, recibirá unha mensaxe no seu móbil (SMS) avisándolle deste resultado. Tamén poderá obter o resultado no seu centro de saúde a través do profesional de Atención Primaria, pasado un mes desde a realización da proba. Se tras a realización da mamografía é necesario ampliar o estudo para chegar a un resultado definitivo, recibirá unha carta cunha cita para acudir ao seu hospital de referencia.
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Los ríos de Santiago multiplican su caudal por diez en cuatro horas: 'Subiu alomenos cinco metros
- Prime Video desembarca en Santiago para grabar nuevos capítulos de una de sus series de referencia
- Santiago pone fecha a la llegada de la Navidad : del encendido de las luces a los mercados, todo lo que debes saber
- Desalojado el narcopiso de Fontiñas: «Estamos contentos»
- El ADN innovador de Finsa: 'Es uno de los principales usuarios del supercomputador del Cesga
- «Esta fiesta por los 90 años de Capitol es una muestra de orgullo picheleiro»
- Los efectos de Claudia en Santiago: un herido en la AP-9 y varios puntos inundados