Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Val do Dubra mellorará uns viarios dos núcleos de Maxais, Gontar, Vilalba e Bembibre

As actuacións están financiadas cun préstamo da Xunta por valor de 241.765 euros

Esta liña de axudas presta apoio aos municipios con menos de 50.000 habitantes para levar a cabo a conservación de patrimonio, rexeneración urbana ou adquisición de inmobles

Diego Luís Díaz e María Martínez Allegue asinaron o convenio para a concesión do préstamo.

Diego Luís Díaz e María Martínez Allegue asinaron o convenio para a concesión do préstamo. / Xunta de Galicia

Val do Dubra

O Concello de Val do Dubra, en colaboración coa Xunta de Galicia, efectuará a mellora duns viarios situados en Maxais, Vilalba, Bembibre e Gontar. Ditas actuacións fanse oficiais despois de que a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co secretario xeral técnico, Yago Borrajo, asinase co alcalde do municipio, Diego Luis Díaz, o convenio para a concesión dun préstamo por un importe total de 241.765€ do Fondo de Cooperación da Xunta para municipios de menos de 50.000 habitantes.

A través desta axuda, a Administraciónlocal abordará o acondicionamento dun viario en Maxais, outro en Gontar, así como catro treitos dun viario en Vilalba e outro en Bembibre, nos que se mellorará a capa de rodaxe, executarase a limpeza de gabias para un correcto drenaxe e a sinalización horizontal.

As intervencións desenvolveranse mediante esta iniciativa do Goberno galego que está destinada a financiar obras de conservación de patrimonio, rexeneración urbana ou adquisición de inmobles para rehabilitar en municipios con poboación máis pequena.

Este préstamo sen xuros, a devolver en 8 anos, correspóndese á convocatoria 2025 desta liña de achegas, dotada dun total de 3,7 millóns de euros, e que estará aberta ata o vindeiro 15 de outubro.

Tracking Pixel Contents