Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Fisterra transformou o antigo mercado municipal nun espazo cultural polivalente

A Xunta financiou o proxecto con preto de 260.000 euros

Luis Insua, esquerda., Diego Calvo, Rodríguez e Natalia Prieto en Fisterra.

Luis Insua, esquerda., Diego Calvo, Rodríguez e Natalia Prieto en Fisterra. / Xunta de Galicia

Fisterra

O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, acompañado pola directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o alcalde, Luis Insua, visitou Fisterra para coñecer a reforma efectuada na planta alta do edificio do mercado co apoio da Xunta, a través das axudas do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local.

O Goberno galego achegou preto de 260.000 euros, a metade do investimento total, para acometer unha actuación estratéxica no antigo mercado municipal, centrada na adaptación da planta alta para convertela nun espazo polivalente. Segundo sinalou o conselleiro, «o obxectivo principal foi o de habilitar infraestruturas culturais esenciais que faltan no municipio: un auditorio de case 200 prazas, un local de ensaios musicais, unha sala de xuntas e reunións, e os espazos de aseo correspondentes».

Ademais, reformouse a cuberta para gañar altura e incorporar a tremoia escénica sobre o escenario, unha cabina de control para proxección, luz e son, un almacén para equipamentos culturais do Concello, e fiestras de cuberta para mellorar a iluminación natural.

A convocatoria de 2025 permitirá impulsar 19 novos proxectos, cunha dotación de 8,5 millóns de euros.

Tracking Pixel Contents