Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Noia decora os seus sumidoiros coas mellores pinturas do concurso ‘RíArte'

O obxectivo do proxecto é embelecer as rúas de Noia e promover unha mensaxe positiva de sustentabilidade e responsabilidade ambiental

Deseño gráfico que exemplifica a mensaxe que se busca coa iniciativa.

Deseño gráfico que exemplifica a mensaxe que se busca coa iniciativa. / Cedida

Iago Rodríguez

Noia

A asociación Noia Limpa anunciou as pinturas gañadoras do concurso RíArte: Arte para protexer a ría, que organizan en colaboración coa Consellería de Xuventude e o propio Concello. Este proxecto artístico e ambiental transformará os sumidoiros de Noia en pequenas obras de arte con mensaxes a favor do coidado da ría de Muros e Noia e a natureza en xeral.

As dez obras gañadoras realizaranse en diferentes puntos da vila este venres 10 de outubro, de 10:30 a 14:00 horas, e o sábado 11 de outubro, a partir das 12:00 e seguirán pola tarde.

As dez mellores propostas selecionadas polo xurado do certame foron: Todo o que botes aquí pode volver ó teu prato, Lo que el humo se llevó, Tentáculos de plástico, Berberechín de Primeira, Pesca limpa, Non fumo grazas, Cinzas, Todo o que entra sae 2, Galiza profunda, Todo o que entra sae.

Estas creacións, elaboradas por mozos e mozas de entre 16 e 30 anos, terán como fío condutor a protección da natureza en xeral e o respecto polo medio mariño. Segundo a organización cada representación "busca lembrar que todo o que cae nun sumidoiro remata no mar, e que cada xesto conta para manter limpa a ría, así como para inspirar un cambio real no comportamento ambiental da comunidade".

"Es un proyecto bastante vanguardista para Noia. Se busca que con pequeñas acciones causar un gran impacto a largo prazo", asegura una de las fundadoras de la asociación de la iniciativa, Madison Ann.

Unha nova apariencia para as rúas noiesas

A iniciativa convida á cidadanía, especialmente á mocidade, a tomar conciencia sobre o impacto do lixo urbano e a participar activamente na súa redución a través do ámbito da arte e a creatividade. O proxecto tamén pretende embelecer as rúas de Noia e impulsar unha mensaxe positiva de sustentabilidade e responsabilidade ambiental.

Nesta primeira edición, a acción contará tamén coa participación especial do artista convidado Samu Piñeiro, recoñecido grafiteiro de 15 anos e unha das promesas máis destacadas da arte urbana en Galicia.

Tracking Pixel Contents