Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Melide inicia a posta en valor da rúa Camiño de Ovedo cunha inversión de 203.933 €

As obras incluirán renovación do pavimento, ordenación do tráfico e actualización de servizos urbanos no corazón histórico da vila

Rúa Camiño de Ovedo, Melide

Rúa Camiño de Ovedo, Melide / Cedida

El Correo Gallego

Melide

O Concello de Melide levará a cabo unha intervención integral na rúa Camiño de Ovedo, situada no corazón histórico do núcleo urbano e dentro do BIC do Camiño Francés, Patrimonio Mundial da UNESCO. Os traballos foron adxudicados hoxe en Xunta de Goberno local á empresa Construcciones M. Espiño SL por un importe de 203.933,40 €, tras un procedemento aberto simplificado con pluralidade de criterios de adxudicación.

Segundo indicou o Concello, a actuación busca mellorar a seguridade e a accesibilidade, suprimindo barreiras arquitectónicas e adaptando a vía para o uso cómodo e diario da veciñanza, ao mesmo tempo que se refuerza a imaxe urbana. Para iso, o pavimento manterase ao mesmo nivel para tráfico rodado e peonil, utilizando lousa de granito, e establecerase unha prioridade peonil, limitando o acceso de vehículos ás persoas residentes.

Ademais da pavimentación, as obras incluirán a renovación da rede de saneamento, con separación de augas pluviais e residuais, a actualización da rede de subministración de auga e a instalación dunha canalización común para telecomunicacións, subministración eléctrica e alumeado, integrando tamén os contadores de lectura remota.

O Concello sinala que esta intervención forma parte do seu labor continuado de posta en valor do patrimonio histórico e das vías incluídas no Camiño Francés, contribuíndo á conservación e mellora do espazo urbano para a cidadanía.

Tracking Pixel Contents