O Concello de Boiro retoma os Intercambios Lingüísticos para o curso 2025-2026
As actividades celebraranse todos os luns no Centro Social de Cabo de Cruz e buscan fomentar o debate e a aprendizaxe de idiomas

Centro Social de Cabo da Cruz / Cedida
El Correo Gallego
O Concello de Boiro pon en marcha unha nova edición dos Intercambios Lingüísticos, unha actividade dirixida a fomentar a práctica de idiomas e o intercambio cultural entre a veciñanza. As sesións realizaranse todos os luns, en horario de 17.00 a 19.00 horas, no Centro Social de Cabo de Cruz.
O programa ten como obxectivo crear grupos de debate en distintas linguas, permitindo que as persoas participantes compartan a súa lingua e cultura e, ao mesmo tempo, aprendan outros idiomas. A iniciativa xurdiu dos equipos de normalización e dinamización lingüística de centros educativos e de estudantes de Erasmus que desexan aprender galego e español, así como ensinar a súa propia lingua.
O Concello lembra que as persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición chamando ao teléfono 981 84 84 25.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos
- El Obradoiro arrasa con una victoria de equipo grande
- Llega a Santiago el equipo multidisciplinar que instalará el ciclotrón en el Centro de Protonterapia de Galicia
- Un fin de semana cargado de eventos dispara la ocupación hotelera en Santiago