TRANSPORTE
Reordenan as liñas de bus para que estudantes de Camariñas poidan desprazarse a Vimianzo
A Xunta habilita un servizo que sairá ás 8.00 horas da capital camariñana

O novo servizo facilitará o desprazamento de alumnos do IES Terra de Soneira. / Cedida
A Xunta introducirá cambios na oferta de transporte público para garantir que o alumnado de Camariñas poida desprazarse diariamente ao IES Terra de Soneira, en Vimianzo. A medida responde ás necesidades trasladadas polas familias, que demandaban unha solución para facilitar a asistencia ao centro educativo.
A partir do luns, 13 de outubro, crearase un novo servizo con saída de Camariñas ás 08.00 horas que, de luns a venres, fará parada no IES Terra de Soneira e continuará despois cara Santiago de Compostela. Esta nova proposta unifica o que antes eran dous servizos separados, un con saída de Camariñas ás 08.25 só os luns e venres, e outro con saída de Vimianzo cara Santiago ás 09.05 os martes, mércores e xoves. Deste xeito, facilítase a mobilidade do alumnado cara o instituto, mantendo a conexión desta comarca coa capital galega.
Na volta, unifícanse tamén os servizos de Vimianzo e Camariñas. O autobús sairá de Santiago ás 13.00 horas e pasará polo IES Terra de Soneira ás 14.40, de xeito que o alumnado dispoña dun transporte axeitado para o regreso a Camariñas ao rematar a xornada lectiva.
A modificación supón integrar nun único servizo expedicións que ata agora se facían de xeito separado, optimizando a oferta e garantindo unha resposta máis axeitada ás necesidades reais do alumnado e das súas familias.
O oferta actualizada de servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web bus.gal.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos
- El Obradoiro arrasa con una victoria de equipo grande
- Llega a Santiago el equipo multidisciplinar que instalará el ciclotrón en el Centro de Protonterapia de Galicia
- Un fin de semana cargado de eventos dispara la ocupación hotelera en Santiago