O Grupo de Teatro de Ribeira revivirá a clásica obra 'Don Juan Tenorio'
A representación será o sábado 1 de novembro, día de Todos os Santos, no Cemiterio Municipal

Membros do Grupo Municipal de Teatro de Ribeira. / Cedida
A Concelleira de Cultura de Ribeira, Antía Alberte, e o Director do grupo municipal de teatro, Óscar Romero Martínez, acompañados de membros do colectivo artístico, presentaron a nova estrea do Grupo Municipal de Teatro de Ribeira, que será unha lectura dramatizada dun dos grandes clásicos da literatura nacional, a obra Don Juan Tenorio, de José Zorrilla.
Despois de varios anos xirando por toda a comunidade cos espectáculo Criaturas e O Rei Telesforo busca noiva e quere noivo, os artistas apostan de novo polo xénero clasico cun drama romántico en verso, neste caso en forma de lectura dramatizada. A interpretación levarase a cabo no día de Todos os Santos, o sábado 1 de novembro no Cemiterio Municipal de Ribeira, ás 19.00 horas. A función será de entrada gratuíta.

Cartel do espectáculo. / Cedida
Estreada no 1844, Don Juan Tenorio saiu trátase dun drama romántico en verso, tamén clasificado como drama relixioso-fantástico. Asimesmo, é unha obra teatral dividida en dúas partes que segue a tradición do Romanticismo español, destacando a importancia dos sentimientos, a maxia e os elementos sobrenaturais, e que se centra na figura do seductor que busca a salvación a través do amor verdadeiro.
Unha tradición única
Desta maneira, o Grupo trae a Galicia a tradición no día de Todos os Santos de respresentar o Don Juan nos cemiterios, algo que é habitual en Andalucía (Sevilla, cidade na que transcorre a peza teatral), nas dúas Castelas ou Madrid, onde é famosa a representación que se leva a cabo en Alcalá de Henares.
De feito, na actualidade soamente se coñece da realización deste espectáculo en Lugo e A Coruña en canto a camposantos.
Na montaxe participarán quince compoñentes, membros do grupo municipal de teatro; algúns levan xa décadas na agrupación e participaron na anterior lectura dramatizada estreada o 23 de decembro de 2024 no auditorio municipal, Conto de Nadal, ademais de en Criaturas. A duración da obra será de aproximadamente 100 minutos.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- El héroe del último ascenso de la SD Compostela 'ficha' por el Deportivo
- Muere Jesús Bernal, el atleta más querido del circuito gallego
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos