Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Reclaman un titor para unha clase de terceiro de primaria do CEIP O Grupo de Ribeira

A ANPA do centro educativo denuncia que pese a todas as súas protestas "ninguén da consellería de Educación se quixo reunir con nós e escoitarnos"

Hoxe, a partir das 19.15 horas, continuan coas mobilizacións coa voceira nacional do BNG, unha parlamentaria, a concelleira de Eduación, e o alcalde de ribeirense

Unha protesta no CEIP O Grupo de Ribeira en setembro.

Unha protesta no CEIP O Grupo de Ribeira en setembro. / ANPA Santa Uxía

Ribeira

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) Santa Uxía e toda a comunidade educativa do CEIP O Grupo de Ribeira pide unha solución ante a situación que vive a aula de 3ºB de Educación Primaria, que non conta con titor.

Afirman que a súa esperanza é que se "se recapacite e se subsane este grave erro, que nunca debeu suceder ao tratarse dunha vacante que tiña que ter sido cuberta automaticamente cun substituto das listas de interinaxe". Non obstante, o presidente da ANPA do centro, Unai González, sinala que pese a insistencia da entidade por desenvolver reivindicacións, escritos oficiais, recollida de sinaturas, concentracións, folgas, manifestacións, reunións, mocións cidadás e outros, "ninguén da consellería de Educación se quixo reunir con nós e escoitarnos".

De feito, hoxe mesmo, a partir das 19.15 horas, continuarán coas mobilizacións na Aula de Aprendizaxe da vella comisaría. Nesta ocasión, os protestantes reuniránse con Ana Pontón, voceira nacional do BNG, así como con Rosana Pérez, parlamentaria, Cruz Rivadulla, concelleira de Eduación, e Luis Pérez Barral, alcalde de Ribeira, tras presentar este partido no Parlamento unha batería de iniciativas en canto á problemática do noso colexio.

Máis de 3.000 sinaturas para pedir un substituto

Ademais, mañá presentarán ás 11.00 horas, na Casa do Concello, o escrito dirixido ao Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, acompañado de máis de 3.000 sinaturas que apoian a reclamación dun substituto para titorizar a aula e acometer con urxencia as obras que, nas súas palabras, o centro educativo "precisa".

Por outra banda, manteñen vixente a convocatoria dunha cacerolada para o vindeiro luns 13, ás 11.30 horas na porta da escola.

Tracking Pixel Contents