Arzúa anuncia unha nova antena de telefonía 5G na Parroquia de Dodro
Aseguran que vai mellorar a cobertura, e estará lista en febreiro
O alcalde fala dunha «necesidade histórica» polo deficiente sinal

O alcalde arzuán Xoán Xesús Carril, dereita, na zona da Parroquia de Dodro onde irá a antena 5G / Concello
O rural arzuán dará un paso importante cara á plena conectividade. Así, a parroquia de Dodro será o marco para a instalación dunha antena de telefonía móbil 5G que mellora de maneira notable a cobertura na zona noroeste municipal, onde a veciñanza viña sufrindo desde hai anos cortes e deficiencias no servizo.
A instalación, financiada con fondos europeos NextGenerationEU dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, permitirá dotar ao territorio dun servizo de comunicacións máis moderno, estable e rápido. Segundo o alcalde, Xoán X. Carril, «esta nova antena responde a unha necesidade histórica da veciñanza. O acceso ás telecomunicacións é hoxe un dereito básico, e garantir ese acceso tamén no rural é imprescindible para acadarmos unha maior cohesión territorial», garantizando iguales derechos a todas as parroquias.
Nos últimos anos, o Concello de Arzúa impulsou o despregue da fibra óptica en practicamente todo o termo municipal, pero en determinadas parroquias persistían zonas sen cobertura suficiente. «A fibra foi un gran avance, pero non chegaba a todas partes. Esta antena vén completar ese esforzo e poñer fin a un illamento que durante demasiado tempo afectou a moitas familias e pequenos negocios,» engadiu Carril. As obras para a instalación da estación comezarán de inmediato, e a previsión é que quede operativa en febreiro de 2026.
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Una bañense con cáncer a los 43 años logra más de 42.000 firmas para que adelanten el cribado
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- La Guardia Civil incauta más de 1.500 plantas de marihuana en dos naves de Oroso y O Pino: seis detenidos
- Una física compostelana que trabaja para Amazon trae a Santiago la 'segunda revolución cuántica
- Renfe anuncia la cancelación de trenes entre Ourense y Santiago por unas obras en diciembre
- Urovesa entregará en 2026 los primeros prototipos del blindado VERT destinados al Ejército