Boiro abre o prazo para dous cursos gratuítos de emprego en Atención Sociosanitaria e Hostalaría
O Concello oferta formación certificada con prácticas en empresas para persoas desempregadas, cunha axuda da Xunta de Galicia de máis de 175.000 euros
Desenvolveranse no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira

Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira / Cedida
El Correo Gallego
O Concello de Boiro ten aberto o prazo de inscrición para dúas novas accións formativas dirixidas a persoas desempregadas: “Atención sociosanitaria a persoas no domicilio” e “Operacións básicas de restaurante e bar”, que comezarán o vindeiro mes de marzo dentro da modalidade AFD (Accións Formativas para persoas Desempregadas).
O obxectivo destas propostas é mellorar a empregabilidade e facilitar a inserción laboral de persoas en situación de desemprego a través de formación práctica e certificada. Ambas as dúas accións están subvencionadas pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia cun investimento total de 175.976,70 euros.
O curso de Atención sociosanitaria a persoas no domicilio, de nivel 2, impartirase de forma presencial no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira entre o 17 de marzo e o 12 de setembro, en horario de 9.00 a 14.00 horas. Para acceder é necesario ter o Título da ESO, un certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia profesional, ou cumprir os requisitos de acceso a ciclos formativos de grao medio.
Pola súa banda, a formación en Operacións básicas de restaurante e bar, de nivel 1, desenvolverase tamén en modalidade presencial, do 3 de marzo ao 2 de xuño, en horario de 15.00 a 20.00 horas, e tamén no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira. Neste caso, non se requiren estudos previos para participar.
Ambos cursos inclúen prácticas en empresas, así como módulos transversais sobre inserción laboral, igualdade de xénero e sensibilización ambiental.
Segundo explicou o departamento municipal de Emprego, estas accións buscan «achegar formación práctica e adaptada ao mercado laboral actual, especialmente pensada para quen busca unha oportunidade de inserción profesional en sectores con alta demanda».
As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición a través da Oficina Virtual de Emprego, de forma presencial no departamento de Emprego do Concello de Boiro, chamando ao 981 84 26 09 ou escribindo ao correo emprego@boiro.gal.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- El mejor quinteto de la historia del Obradoiro vuelve a reunirse
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: "Me han enterrado a un amigo dos veces"
- Ames y Teo se cuelan en el Top 10 de los concellos coruñeses de mayor renta
- Tres restaurantes con alma compostelana, entre las mejores aperturas de España
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos