Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Máis de 200 escolares de Muxía surfearon as olas da Costa da Morte

As actividades incluíron sesións formativas nos colexios e prácticas na praia impartidas por unha escola especializada neste deporte acuático

A edil de Deportes e Cultura, Sandra Vilela, á dereita, notificou o balance do programa.

A edil de Deportes e Cultura, Sandra Vilela, á dereita, notificou o balance do programa. / Cedida

Muxía

Máis de 200 nenos e nenas dos catro centros educativos de Muxía particparon no programa Aprende a travésdo Surfing, unha iniciativa que aposta por empregar este deporte acuático como ferramenta educativa, transmitindo valores como o respecto polo mar,a convivencia e a sustentabilidade.

A proposta foi presentada á Concellería de Deportes e Cultura pola asociación Surf And Clean e contou co apoio da Deputación de A Coruña, a Xogade, o Concello (que financiou parte da actividade) e as escolas do municipio (que colaboraron asumindo o transporte do alumnado para garantir unha participación plena).

As actividades incluíron sesións formativas nos colexios e prácticas na praia dirixidas pola escola de surf local Surf Costa da Morte, que foi quen impartiu o programa.

A edil de Deportes, Sandra Vilela, incidiu na "importancia de continuar apoiando proxectos que unen deporte, educación e respecto polo mar, fortalecendo a identidade mariñeira de Muxía e a conciencia ambiental da nosa mocidade".

Non tan só unha actividade de verán

Vilela tamén subraiou que "o feito de realizar a actividade dentro do calendario escolar axuda a que o alumnado viva o surf non como unha actividade de verán, senón como unha experiencia formativa ligada á aula e a súa educación integral".

Aseguran tamén que esta planificación "permite desestacionalizar o uso das praias e reforza a idea de que o mar pode ser un espazo educativo e de convivencia durante todo o ano".

Ademais, a concelleira desvelou a súa esperanza de que a edición deste ano "sexa a primeira de moitas".

Tracking Pixel Contents