A Estrada celebra o bicentenario de Avelina Valladares cunha xornada que repasa todas as súas facetas
“Voz, rostro e memoria de Avelina Valladares” terá lugar o 18 de outubro na Casa das Letras e combina relatorios biográficos, poéticos, feministas e musicais

Retrato elaborado por Rosa de Cabanas e integrado en la serie «Mulleres Imaxinadas» / Rosa de Cabanas
El Correo Gallego
O Concello da Estrada organiza o próximo sábado, 18 de outubro, unha xornada dedicada á escritora estradense Avelina Valladares Núñez, coincidindo coa conmemoración do bicentenario do seu nacemento. A actividade, titulada “Voz, rostro e memoria de Avelina Valladares”, está organizada polo departamento municipal de Cultura xunto con GCiencia e abordará distintas vertentes da autora do Rexurdimento.
A xornada desenvolverase na Casa das Letras e abrirá ás 10.00 horas coa presentación de Laura Filloy Martínez, xornalista de GCiencia. Ao longo da mañá haberá relatorios sobre a biografía de Valladares, a súa poesía, a condición de muller avanzada ao seu tempo, a súa faceta de debuxante e as súas achegas musicais.
Segundo explicou Filloy, «Foi unha muller moito máis complexa e rica do que sempre nos transmitiron. O obxectivo destas xornadas é analizala a través das voces de persoas expertas dende distintos puntos de vista».
Entre os relatorios, Maricarmen Ferreirós, herdeira dos Valladares, achegará datos persoais da autora; Xosé Luna analizará a súa poesía, recitando os cinco poemas escritos en galego; Celia Armas abordará a perspectiva de xénero e o feminismo na súa vida e obra; e Rosa de Cabanas explicará como recreou visualmente a autora, da que non se conservan imaxes.
O peche da xornada será musical, coa interpretación de pezas recollidas por Pablo Bernárdez no seu libro “A Música dos Valladares”, abordando así a dimensión musical da escritora.
Ao remate, os asistentes poderán participar no sorteo dunha lámina creada por Rosa de Cabanas específicamente para o evento. O aforo é limitado, polo que o departamento de Cultura abrirá o luns 13 de outubro a inscrición para asistir.
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- Una bañense con cáncer a los 43 años logra más de 42.000 firmas para que adelanten el cribado
- La Guardia Civil incauta más de 1.500 plantas de marihuana en dos naves de Oroso y O Pino: seis detenidos
- Una física compostelana que trabaja para Amazon trae a Santiago la 'segunda revolución cuántica
- Renfe anuncia la cancelación de trenes entre Ourense y Santiago por unas obras en diciembre
- La borrasca Claudia pone en alerta a Galicia: vientos de más de 100 Km/h y fuertes lluvias que se intensifican esta noche