Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

EMIGRACIÓN

Fátima Pego, Tango e CDC na festa galega de Liechtenstein

Asistirán uns catrocentos emigrantes residentes no Principado

Momento dunha das festas dos emigrantes galegos en Liechtenstein.

Momento dunha das festas dos emigrantes galegos en Liechtenstein. / Cedida

Muxía

Unhas catrocentas persoas participarán este sábando na festa anual dos emigrantes residentes en Liechtenstein, que organiza o Centro Español Santiago Apóstol, presidido polo muxián Manuel Figueroa.

A celebración comezará ás 19.00 horas cunha cea a base canapés variados, cóctel de gambas en salsa rosa, ensaladas, xarrete con guarnición, tarta de queixo, café e licores da terra. De seguido comezará unha verbena amenizada con música cen por cen galega. Este ano o cartel inclúe as actuacións de Fátima Pego, o grupo Tango e o DJ Chicho da disco móbil CDC.

Os socios poderán gozar do menú e da festa de balde, e os demais deberán pagar 60 francos. A festa é, segundo Manuel Figueroa, que leva organizadas 27 edicións, «o gran encontro dos emigrantes españois que residen no Principado, a maioría dos cales son galegos e principalmente da Costa da Morte».

A celebración pretende manter vivo o espírito da galeguidade e a unidade do colectivo de emigrantes que residen no pequeno Principado. «Require dun gran esforzo e da colaboración de moita xente, pero é un momento especial para todos nós», afirma Figueroa.

Agradece ademais o apoio que reciben da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Emigración, «que colabora con nós todos os anos».

Tracking Pixel Contents