Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SERVIZOS

O BNG critica o «precario» servizo do ISM en Camariñas

Só conta cun traballador temporal e as cinco prazas «están vacantes»

Xurxo Rodríguez e a responsable local do BNG, Ana Pasantes diante da oficina do ISM.

Xurxo Rodríguez e a responsable local do BNG, Ana Pasantes diante da oficina do ISM. / Cedida

Camariñas

O BNG de Camariñas critica a «precariedade» na que se atopa a oficina do Instituto Social da Mariña (ISM) e solicita «unha solución estable e definitiva para o servizo, que na actualidade só conta cun traballador».

O portavoz nacionalista, Xurxo Rodríguez, asegura que «o BNG poido constatar que, das cinco prazas coas que conta a dotación da dirección local do ISM en Camariñas, todas están vacantes, e unicamente hai un empregado que opera de xeito provisional».

Dende o BNG consideran que o Goberno central «está condenando aos usuarios a ter que desprazarse a outras oficinas, ou a utilizar unhas vías nas que non todo o mundo está habituado, sobre todo a xente maior». Ademais, destacan que «ten habido casos de xente sen cobrar por non poder tramitar as prestacións ás que tiñan dereito».

TEMAS

Tracking Pixel Contents