Pirotecnia, nova muiñeira e documental na festa polos 100 anos de Pontecesures
Homenaxeouse a primeira Corporación do 9 de outubro de 1925
Houbo pleno extraordinario e xornada lúdica para a veciñanza

La alcaldesa, en el atril, durante el comienzo de los actos del centenario de Pontecesures este jueves / Concello
O Concello de Pontecesures é xa centenario. Na tarde deste xoves celebrou os seus cen anos de vida como municipio independente nun pleno extraordinario no que participaron representantes dos tres grupos municipais, veciñanza e diversas autoridades da comarca.
O acto, desenvolvido no salón de plenos, incluíu a estrea da 'Muiñeira de Cesures' e a proxección dun documental conmemorativo para rematar cunha sesión de pirotecnia. A celebración do centenario de Pontecesures converteuse nun acto de memoria colectiva e de recoñecemento a todas as xeracións que contribuíron a facer da vila o que é hoxe en día, un lugar de xente emprendedora, solidaria e orgullosa das súas raíces, segundo a alcaldesa. «Pontecesures é moito máis que un lugar: é un sentimento, unha maneira de entender o traballo, a vida e a comunidade», dixo. Tamén homenaxeou á primeira Corporación... a do 9-9-1925.
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Raúl López: «Los presupuestos son más altos que en ACB»
- Los vecinos del Ensanche de Santiago señalan ante Raxoi y la Policía 15 locales de ocio nocturno conflictivos
- El mejor quinteto de la historia del Obradoiro vuelve a reunirse
- Una farmacia de Boiro entre las mejores de Galicia
- Ames y Teo se cuelan en el Top 10 de los concellos coruñeses de mayor renta
- Arde un coche por completo en plena autopista mientras circulaba por Santiago
- El influencer gastronómico Cenando con Pablo visita un asador en Teo y su reacción no deja indiferente a nadie: 'Atención a este crimen