Ribeira impulsa unha campaña contra a violencia machista co reparto de paraugas solidarios
O Concello agasalla 1.000 unidades de paraugas adquiridos en comercios locais
A iniciativa pretende concienciar sobre a violencia machista e ao mesmo tempo apoiar as compras de proximidade

A concelleira Genoveva Betanzos xunto coa edil de Igualdade, Cruz Rivadulla na presentación da campaña / Cedida
El Correo Gallego
O Concello de Ribeira presentou hoxe unha nova campaña de dinamización comercial e sensibilización social baixo o lema «Contra a violencia machista, non xires a vista», coa que se agasallarán 1.000 paraugas adquiridos no propio comercio local.
A iniciativa, impulsada pola Concellería de Comercio, foi presentada pola concelleira Genoveva Betanzos xunto coa edil de Igualdade, Cruz Rivadulla, e ten como obxectivo promover as compras no comercio de proximidade e ao mesmo tempo concienciar á veciñanza sobre a loita contra a violencia de xénero.
Betanzos destacou a importancia de apoiar o pequeno comercio especialmente nestes meses de outono, asegurando que «precisamente nestes meses é cando temos que apoiar máis ao noso comercio para xerar dinámicas que sirvan de ponte cara ás compras do Nadal».
Os paraugas —que inclúen a mensaxe da campaña— poderán recollerse de balde a partir do luns 20 de outubro, en horario de 10.00 a 14.00 horas, no Centro Cultural Lustres Rivas (2º andar, fronte á biblioteca). O reparto farase ata esgotar existencias, cun máximo de dúas unidades por persoa.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos
- El Obradoiro arrasa con una victoria de equipo grande
- Llega a Santiago el equipo multidisciplinar que instalará el ciclotrón en el Centro de Protonterapia de Galicia
- Un fin de semana cargado de eventos dispara la ocupación hotelera en Santiago