FEIRA
Bercamel xunta en Carballo apicultores e meles de Galicia
A produción na comarca de Bergantiños caeu este ano un 50%

Expositor de meles nunha edición anterior de Bercamel, en Carballo. / Cedida
Carballo converterase o domingo, día 12, na capital da apicultura galega con motivo da cuarta edición da feira Bercamel, que xuntará produtores e meles de toda Galicia. Participarán apicultores chegados do Caurel, a Serra do Candán, da comarca de Ordes e de toda a Costa da Morte, segundo sinalou Víctor Tasende, delegado da Asociaciación Galega de Apicultores (AGA), entidade organizadora.
A cita é na Praza do Concello, desde as 9.00 ata as 14.30 horas, onde nove expositores, un de AGA, amosarán un amplo abano de meles e produtos derivados, que ademais poderán saborearse, xa que haberá dúas catas ás 11.30 e 13.15 horas. Asemade, os que compren mel na feira entrarán no sorteo de dúas cestas. Os envases pequenos venderanse a 7 euros e os grandes a 12 €.
A feira está a consolidarse como un dos encontros de referencia da apicultura en Galicia, e conta co apoio da Concellaría de Feiras e Mercados de Carballo.
O carballés Víctor Tasende, delegado da AGA, asegura que Bergantiños e Costa da Morte son dúas zonas cun importante número de apicultores, que contan con apiarios que van desde 5 ata 300 colmeas. «Hai un pouco de todo», afirma.
Non obstante, este non está a ser un bo ano para o sector «debido ao mal tempo» xa que choveu moito na primavera e no comezo do verán, segundo Víctor Tasende. Iso fixo que «unha colmea que daba ata 35 quilos de mel, este ano se recolles 15 quilos xa é moito», engadiu.
Ademais do mal tempo, os apicultores teñen que loitar tamén contra enfermidades como a barroa e as invasoras velutinas, «aínda que este ano hai menos, porque se ás abellas lles vai mal, iso afectalle tamén á velutina», subliñou o delegado da AGA.
Aínda así, Víctor Tasende asegura que apicultura é «un mundo fascinante e que xera adicción» e a pesares dos atrancos «á xente que lle gusta nunca o deixa». O labor das abellas é fundamental para garantir a biodiversidade e hoxe en día, sinala, «tamén recorren a elas os produtores con invernadoiros para facilitar a polinización dos seus cultivos».
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos
- El Obradoiro arrasa con una victoria de equipo grande
- Llega a Santiago el equipo multidisciplinar que instalará el ciclotrón en el Centro de Protonterapia de Galicia
- Un fin de semana cargado de eventos dispara la ocupación hotelera en Santiago