CARBALLO
Espazo Nature, un refuxio único entre Razo e Baldaio
Foi recoñecido pola Deputación cos premios PEL 2025

Rosa Ana García, segunda dereita, coas responsables de Espazo Nature, de Carballo. / D. C.
A deputada de Industria, Empresa, Medio Ambiente, Emprego e Política Demográfica da Deputación da Coruña, Rosa Ana García, visitou Espazo Nature, en Razo (Carballo), un proxecto pioneiro de turismo sostible galardoado co Primeiro Premio PEL 2025.
O recoñecemento, concedido pola Deputación este verán, distingue o labor de Espazo Nature como exemplo de innovación, responsabilidade ambiental e dinamización económica do medio rural, ao ofrecer unha proposta turística que integra a natureza, o benestar e o respecto polo entorno.
Rosa Ana García destacou que “proxectos coma Espazo Nature demostran que é posible xerar emprego e riqueza no rural apostando pola sustentabilidade e o turismo responsable”. A deputada puxo en valor tamén o papel deste tipo de iniciativas á hora de crear emprego verde e reforzar a imaxe de Galicia como destino comprometido co medio ambiente e coa calidade de vida.
Un refuxio sostible a cinco minutos da praia
Situado entre as impresionantes vistas ao mar de Razo e a lagoa de Baldaio, Espazo Nature ofrece unha experiencia única para quen busca desconectar, revitalizarse e conectar coa natureza. O complexo foi deseñado baixo criterios de sustentabilidade: emprega enerxías renovables, promove a eficiencia enerxética e aposta por materiais de construción respectuosos co entorno, reducindo ao mínimo o impacto ambiental.
O proxecto, ademais de ser un modelo de turismo responsable, contribúe á creación de emprego local e á reactivación económica da contorna rural, converténdose nun referente de como o desenvolvemento empresarial pode ir da man da protección ambiental.
A visita da deputada serviu tamén para explorar posibles colaboracións futuras entre o sector público e o privado que permitan replicar o modelo noutros territorios galegos. “Espazo Nature é unha mostra de que o futuro do turismo pasa pola sustentabilidade, pola innovación e pola posta en valor do noso patrimonio natural”, engadiu Rosa Ana García.
Co respaldo do Premio PEL e o seu crecemento constante, Espazo Nature consolídase como un referente galego de turismo verde, un espazo no que a natureza e o benestar conviven en harmonía.
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Una bañense con cáncer a los 43 años logra más de 42.000 firmas para que adelanten el cribado
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- La Guardia Civil incauta más de 1.500 plantas de marihuana en dos naves de Oroso y O Pino: seis detenidos
- Urovesa entregará en 2026 los primeros prototipos del blindado VERT destinados al Ejército
- Entra en vigor el encierro de aves de corral en 40 concellos por la gripe aviar
- Santiago calienta motores para el 'As Cancelas Music Fest' con Nena Daconte, Cepeda, Ortiga y Menta Poleo