Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

ACCIDENTE

Evacuado ao hospital unha ciclista que sufriu unha caída en Padrón

Perdeu a consciencia momentaneamente e tiña un corte na mandíbula

O ciclista foi trasladado en ambulancia ao hospital.

O ciclista foi trasladado en ambulancia ao hospital. / X. G.

Padrón

Unha ciclista resultou ferida esta tarde tras sufrir unha caída en Padrón. O 112 Galicia recibiu a alerta pasadas as 14.00 horas.

O accidente tivo lugar na Travesía de Iria Flavia e, como consecuencia da caída, a ciclista perdeu momentaneamente a consciencia, pero recuperouse axiña e foi evacuada ao hospital cun corte na mandíbula

Ademais dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia - 061, ata o lugar acudiron axentes da Garda Civil e da Policía Local, e membros do GES de Padrón

Tracking Pixel Contents