Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

POLÉMICA

A Xunta antepón o saneamento de Ames á presa da Ponte Maceira

Dende Augas de Galicia din que o alcalde debe priorizar outras carencias

A presa da Ponte Maceira rompeu no ano 2022.

A presa da Ponte Maceira rompeu no ano 2022. / Cedida

Ames

A Consellería de Medio Ambiente, ao fío das palabras do alcalde de Ames, aclara que «non gardan relación ningunha a reparación da presa da Ponte Maceira e o abastecemento do concello, xa que non están vinculados en absoluto».

A presa, sinalan dende a Administración autonómica, «unicamente subministra auga a uns muíños, polo que esa actuación non afecta en nada ao abastecemento da veciñanza».

Sinalan ademais que o Concello de Ames «presenta problemas máis importantes, en particular co saneamento, para o que Augas de Galicia comprometeu unha axuda moi importante, de preto dun millón de euros, para o seu proxecto da depuradora. Esa é a prioridade con respecto a Ames neste momento», subliñan.

Din que « iso foi o abordado co alcalde hai aínda dúas semanas, cando el mesmo falaba desa prioridade», polo que «sorprende que, ante estas carencias, o rexedor confunda á poboación axitando outros asuntos e enviando mensaxes contradictorias sobre cales son as súas prioridades».

Con respecto á presa, sinalan que existe un proxecto, que se atopa en fase de supervisión. Para Augas de Galicia, nembargantes, «o que debería priorizar o alcalde de Ames é subsanar as principais carencias do seu concello» conclúen.

Tracking Pixel Contents