CONVENIO
Ames acondicionará o campo de Tapia para actos de lecer
O alcalde asinou o acordo co representante da Sociedade Deportiva local

Blas García, esquerda, e José María Domínguez, asinando o convenio. / C. Ames
Redacción
O Concello de Ames continúa a senda iniciada xa hai uns anos de rexenerar e darlle un novo uso ás parcelas que albergaban campos de fútbol nas parroquias. Estes traballos comezaron en Biduído, coa adaptación como campo de lanzamento homologado para a práctica do atletismo. Esta actuación uniuse ás obras de rexeneración do de Ortoño, onde se construíu unha pista de patinaxe e unha explanada para eventos.
Agora continuarase coa rexeneración da parcela do antigo campo de fútbol de Tapia. Para iso, Blas García, alcalde de Ames, e José María Domínguez, en representación do club Tapia Sociedade Deportiva, asinaron un convenio para a cesión de dita parcela co obxectivo de realizar nela actividades de lecer e tempo libre. Tamén será destinada a dar servizo a usuarios e actividades que se realicen na praia fluvial. Asemade, prevese crear unha zona de ocio infantil e xuvenil.
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Una bañense con cáncer a los 43 años logra más de 42.000 firmas para que adelanten el cribado
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- La Guardia Civil incauta más de 1.500 plantas de marihuana en dos naves de Oroso y O Pino: seis detenidos
- Urovesa entregará en 2026 los primeros prototipos del blindado VERT destinados al Ejército
- Entra en vigor el encierro de aves de corral en 40 concellos por la gripe aviar
- Santiago calienta motores para el 'As Cancelas Music Fest' con Nena Daconte, Cepeda, Ortiga y Menta Poleo