Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

MEDIO AMBIENTE

Camariñas fomenta boas prácticas para que o lixo non acabe no medio mariño

O Concello e Mar de Fábula lanzaron una campaña de concienciación

Xosé Manuel Barros, de Mar de Fábula, á esquerda, na presentación da campaña en Camariñas.

Xosé Manuel Barros, de Mar de Fábula, á esquerda, na presentación da campaña en Camariñas. / C. C.

Camariñas

O Concello de Camariñas, en colaboración coa asociación Mar de Fábula, puxo en marcha unha nova campaña de concienciación ambiental coa que se pretende sensibilizar a veciñanza sobre a importancia de non tirar nada ao mar e de protexer o medio mariño e o litoral do municipio.

A iniciativa, baixo o lema Camariñas, a perla da limpeza ambiental da Costa da Morte, busca promover unha maior responsabilidade cidadá na xestión dos residuos e na conservación da contorna natural.

A campaña estrutúrase en varias accións divulgativas. En primeiro lugar, difundiuse un tríptico informativo en todos os domicilios do municipio, no que se recollen mensaxes e recomendacións sobre boas prácticas ambientais e o impacto que o lixo mariño ten sobre a fauna e os ecosistemas costeiros.

Reunións nas parroquias

Ademais, celebraranse varias reunións informativas nas diferentes parroquias de Camariñas co obxectivo de explicar os obxectivos da campaña e recoller as opinións e propostas da veciñanza.

A primeira celebrouse na Casa de Pedra da capital municipal, e a próximas será o venres 24 de outubro en Camelle-Arou, a partir das 19.00 horas. Xa en novembro, a iniciativa chegará a Ponte do Porto o día 7, e a Xaviña o día 21. Nos dous casos, os actos comezarán ás sete da tarde.

Tracking Pixel Contents