Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

OUTONO

Envellecemento activo no ámbito da Vía Verde Santiago - Tambre - Lengüelle

O proxecto naceu coa vontade de ofrecer alternativas de lecer saudable

Participantes na andaina pola Vía Verde ao seu paso por Oroso.

Participantes na andaina pola Vía Verde ao seu paso por Oroso. / Cedida

Oroso

A Asociación de Concellos da Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle, coa colaboración da Deputación da Coruña, celebrou en Oroso un dos talleres de envellecemento activo programados para este outono. A actividade desenvolveuse na antiga estación de Garga-Trasmonte e combinou unha andaina pola Vía Verde con sesións de pilates e ioga.

O proxecto naceu coa vontade de ofrecer alternativas de lecer saudable, combinando actividade física, contacto coa natureza e técnicas de relaxación.

«Todo iso cunha clara aposta por poñer en valor o patrimonio paisaxístico e social do trazado da Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle», subliñan dende a asociación de concellos.

O calendario de actividades continuará a próxima fin de semana en Santiago de Compostela. As inscricións xa están abertas ata o venres 17 de outubro ás 17.30 horas. Deberán realizarse a través do número de teléfono 638 52 88 70, de martes a sábado, de 9.00 a 13.30 e de 15.00h a 17.00 horas, e os domingos de 10.00 a 13.30.

Tracking Pixel Contents