INFRAESTRUTURAS
Comezan as obras da depuradora de Quintáns, en Muxía, tras tres anos de espera
Cambiouse a ubicación para dar servizo a un maior número de veciños

Traballos de construción da nova depuradora de Quintáns. / C. Muxía
O Concello de Muxía comezou as obras da nova depuradora de Quintáns, un proxecto moi agardado pola veciñanza que permitirá mellorar e ampliar o servizo de saneamento nesta parroquia.
A actuación foi adxudicada á empresa Aquablue Sistemas Constructivos S.L. por un importe de 131.501,52 euros, e está incluída no Plan de Obras e Servizos (POS) do ano 2022 da Deputación da Coruña.
"Este proxecto permanecera bloqueado durante anos, mais o actual equipo de goberno conseguiu desbloquealo e poñelo en marcha. Ademais, procedeuse á modificación do proxecto inicial para cambiar a ubicación da depuradora, o que permitirá dar servizo a un maior número de veciños e veciñas que antes quedaban fóra da rede de saneamento", afirma o alcalde, Javier Sar.
“Era unha obra necesaria e xusta para Quintáns, que levaba demasiado tempo pendente. O noso obxectivo é seguir avanzando para que todas as parroquias conten con infraestruturas axeitadas e servizos de calidade”, engade.
O Concello de Muxía continúa así "coa súa aposta por mellorar as infraestruturas básicas e o medio ambiente, impulsando proxectos de depuración e saneamento en todo o municipio", conclúe.
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Raúl López: «Los presupuestos son más altos que en ACB»
- Los vecinos del Ensanche de Santiago señalan ante Raxoi y la Policía 15 locales de ocio nocturno conflictivos
- El mejor quinteto de la historia del Obradoiro vuelve a reunirse
- Una farmacia de Boiro entre las mejores de Galicia
- Ames y Teo se cuelan en el Top 10 de los concellos coruñeses de mayor renta
- Arde un coche por completo en plena autopista mientras circulaba por Santiago
- El influencer gastronómico Cenando con Pablo visita un asador en Teo y su reacción no deja indiferente a nadie: 'Atención a este crimen