Detectan un vertido e animais mortos nas augas do río Sar
O Concello de Ames di que a orixe non procede deste municipio
Técnicos da empresa local de abastecemento revisaron a zona

Imaxe tomada do Río Sar na revisión do domingo / Cedida
El Correo Gallego
O alcalde de Ames, Blas García (PSdeG), alertou nas súas redes sociais sobre a detección dun vertido no río Sar que se manifestou con cheiros fortes e contaminación da auga en distintas zonas polas que pasa o río, como Quistiláns, O Instrumento, Lapido, Bertamiráns, Agro do Muíño e Sisalde. Segundo sinala, a situación foi especialmente grave o pasado domingo pola tarde, momento no que o cheiro e a contaminación eran máis evidentes e incluso se recibiu un aviso no 112.
No mesmo domingo, responsables da empresa municipal Augas de Ames acudiron ás zonas e revisaron o río. Tras a actuación constataron a presenza de animais mortos e que a magnitude do vertido é grave. Desde o Concello destacan que este vertido non ten a súa orixe en Ames, senón nun punto máis elevado no curso do río. Ao mesmo tempo, o Control de Vertidos de Augas de Galicia recolleu mostras e realizou unha inspección da zona.

Animais mortos no Río Sar / Cedida
O alcalde denunciou a gravidade desta situación: «É moi grave que se produzan este tipo de vertidos a un río, que xa presenta un estado de contaminación preocupante, e que non se actúe de xeito efectivo por parte dos organismos responsables». O rexidor socialista tamén anunciou que exixirán responsabilidades a quen corresponda.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- El mejor quinteto de la historia del Obradoiro vuelve a reunirse
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: "Me han enterrado a un amigo dos veces"
- Ames y Teo se cuelan en el Top 10 de los concellos coruñeses de mayor renta
- Tres restaurantes con alma compostelana, entre las mejores aperturas de España
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos