Dez mozos e mozas de Lalín completan a súa formación en xestión de almacén a través do programa Amorea
A iniciativa, financiada con 280.000 euros, combina formación teórica e práctica para favorecer a empregabilidade xuvenil

Clausura do programa de emprego de garantía xuvenil Amorea, no concello de Lalín / Cedida
El Correo Gallego
A Xunta de Galicia investiu 280.000 euros na formación de dez mozos e mozas de Lalín dentro do programa de emprego de garantía xuvenil Amorea, centrado na especialidade de xestión de almacén e aprovisionamento.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou este luns no acto de clausura dun programa que combinou formación teórica e traballo práctico durante preto dun ano. O alumnado realizou proxectos de mellora das infraestruturas municipais, adquirindo experiencia laboral mentres completaba a súa preparación profesional.
Reguera destacou a colaboración entre a Xunta e os concellos para mellorar a empregabilidade xuvenil e animou os participantes a continuar formándose e explorar o emprendemento como saída laboral, lembrando a existencia dos 15 Polos de Emprendemento que o Goberno galego ten en funcionamento.
Ademais, o representante autonómico lembrou que Lalín desenvolveu recentemente un obradoiro de emprego dual, no que participaron 20 persoas desempregadas e que contou cun investimento da Xunta de case 420.000 euros. Esta modalidade tamén combina formación e traballo práctico en proxectos municipais.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere una persona en Porto do Son después de chocar con un caballo
- Agotado el Bono Activa Comercio tras solo dos días en funcionamiento
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
- Muere Jesús Bernal, el atleta más querido del circuito gallego