A Estrada adxudica a remodelación do campo de fútbol Manuel Regueiro con máis de 307.000 euros
O Plan +Provincia da Deputación financiará a substitución do peche, a construción de novas gradas e aseos e melloras en instalacións eléctricas e de fontanería

Campo de fútbol Manuel Regueiro / Bernabé/Javier Lalín
El Correo Gallego
A Xunta de Goberno Local da Estrada aprobou abrir o expediente de contratación para a obra de remodelación do campo de fútbol Manuel Regueiro, situado na Zona Deportiva, cun orzamento de 307.721,79 euros sufragado no marco do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra. A contratación realizarase mediante procedemento aberto simplificado con tramitación ordinaria e o anuncio publicarase na plataforma de contratación do sector público, permitindo aos interesados presentar as súas proposicións durante un prazo de 20 días naturais desde a publicación.
O campo de fútbol presenta actualmente un muro de peche deteriorado, gradas desmontables insuficientes e un único aseo para o público, ademais de postes inutilizados da antiga iluminación, polo que o proxecto contempla a substitución do peche actual por un novo de postes tubulares rectangulares e chapa cega de aceiro lacada alternando gris grafito e branco seguindo o deseño empregado no Novo Municipal, a construción dunha bancada de 42 metros de lonxitude con 5 filas de gradas e cuberta de chapa sobre estrutura metálica capaz de acoller aproximadamente 350 persoas, a construción de novos aseos próximos á zona de acceso e melloras en fontanería, electricidade e carpintería en todo o recinto.
O obxectivo destas actuacións é modernizar e ampliar as instalacións, mellorando a seguridade e comodidade para deportistas e público e adaptando o espazo ás necesidades da comunidade deportiva local.
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Los ríos de Santiago multiplican su caudal por diez en cuatro horas: 'Subiu alomenos cinco metros
- Prime Video desembarca en Santiago para grabar nuevos capítulos de una de sus series de referencia
- Santiago pone fecha a la llegada de la Navidad : del encendido de las luces a los mercados, todo lo que debes saber
- Desalojado el narcopiso de Fontiñas: «Estamos contentos»
- El ADN innovador de Finsa: 'Es uno de los principales usuarios del supercomputador del Cesga
- «Esta fiesta por los 90 años de Capitol es una muestra de orgullo picheleiro»
- Los efectos de Claudia en Santiago: un herido en la AP-9 y varios puntos inundados