DIVULGACIÓN
A Garda Civil realizará unha exhibición solidaria con Cáritas na Laracha
Participarán especialistas e equipos de distintas unidades

Sergio García, esquerda, José M. López, Julio González e Patricia Bello na presentación. / Cedida
A Laracha acollerá o día 21 unha exhibición solidaria de medios da Garda Civil no CEIP Otero Pedrayo. O obxectivo é achegar o seu labor á poboación, especialmente aos máis novos, para que coñezan de preto o funcionamento das distintas unidades e o importante labor que desenvolven ao servizo da sociedade.
Entre as principais atraccións da destacan as demostracións do Servicio Cinológico y Remonta (SECIR), co seu espectacular traballo cos cans adestrados na busca de persoas, explosivos e drogas, así como a presenza do helicóptero da UHEL (Unidad de Helicópteros), que será desprazado ata A Laracha para a ocasión.
O alumnado, que poderá interactuar co persoal e coñecer de primeira man o funcionamento das distintas unidades.
A exhibición terá un carácter solidario, xa que se solicitará ás persoas asistentes achegar alimentos non perecedoiros que serán doados a Cáritas da Laracha.
A xornada foi presentada polo alcalde, José Manuel López; a concelleira de Ensino, Patricia Bello; o tenente coronel Julio González Chas, responsable do Plan Director da Comandancia; e o cabo primeiro Sergio García Vázquez, formador do Plan Director da Compañía de Carballo.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Muere una persona en Porto do Son después de chocar con un caballo
- Agotado el Bono Activa Comercio tras solo dos días en funcionamiento
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- El héroe del último ascenso de la SD Compostela 'ficha' por el Deportivo