Innovación e economía circular no Centro de Transformación de Baroña
A Deputación da Coruña aportará 160.000 euros ao proxecto
O obxectivo é mellorar a calidade e a competitividade dos produtos agroalimentarios da comarca do Barbanza

Valentín García, no centro, durante a súa visita ao Centro de Transformación de Baroña / Deputación da Coruña
El Correo Gallego
Os presidentes da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e da Asociación Baroña, Ovidio Manuel Queiruga, asinaron un convenio de colaboración para crear o Centro de Transformación Colaborativo e Alimentario Baroña, unha infraestrutura pioneira destinada a fortalecer o sector agroforestal e promover un modelo de desenvolvemento sostible.
O proxecto, que conta cun apoio económico de 160.000 euros da Deputación, nace co obxectivo de mellorar a calidade e competitividade dos produtos agroalimentarios, ofrecer formación práctica en transformación e valorización alimentaria e fomentar a creación de emprego.
González Formoso destacou que «o Centro de Transformación de Baroña é un exemplo de innovación rural con raíces locais: aposta pola economía circular, polos produtos de proximidade e pola sustentabilidade ambiental». Engadiu que suporá «unha oportunidade para que pequenos produtores e produtoras poidan transformar e comercializar os seus produtos sen ter que abandonar o territorio».
Subliñou tamén que o proxecto «responde á filosofía de cooperación da Deputación, que apoia iniciativas con capacidade transformadora e con impacto directo na vida das persoas, no emprego e na conservación do medio natural».
O centro combinará a transformación de alimentos coa formación especializada en técnicas agroalimentarias, converténdose nun espazo de innovación e aprendizaxe compartida
Pequenos produtores
As instalacións estarán abertas non só á comunidade de Baroña, senón tamén a pequenos produtores da comarca do Barbanza, que poderán utilizalas para elaborar conservas, marmeladas, zumes, pan, bolería ou produtos cárnicos e do mar.
Talleres formativos
A iniciativa tamén inclúe un espazo de talleres formativos e redes colaborativas, co obxectivo de crear sinerxías entre produtores locais, emprendedores e colectivos sociais da zona. O novo centro tomará como referencia a experiencia de Transformando en Brión, un proxecto de éxito apoiado tamén pola Deputación e que xa funciona no Centro Comercial Monte Balado.
A alta demanda neste espazo, dedicado á transformación de produtos de horta e conservas, inspirou a creación dun modelo similar en Baroña.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos
- El Obradoiro arrasa con una victoria de equipo grande
- Llega a Santiago el equipo multidisciplinar que instalará el ciclotrón en el Centro de Protonterapia de Galicia
- Un fin de semana cargado de eventos dispara la ocupación hotelera en Santiago