O Concello de Rois lanza un novo ciclo formativo sobre natureza, hortas e xardíns
Catro cursos prácticos entre novembro e xaneiro ofrecerán aprendizaxe en arte floral, produtos fitosanitarios, fruticultura e horticultura ecolóxica; as inscricións abren o 15 de outubro

Terra de cultivo / Cedida
El Correo Gallego
O Concello de Rois pon en marcha o programa “Natureza e cultivos: flores, hortas e xardíns”, un ciclo formativo que busca promover o respecto polo medio natural e fomentar prácticas sostibles entre a veciñanza. O ciclo inclúe catro cursos prácticos que se desenvolverán entre novembro e xaneiro, abordando diferentes ámbitos como a arte floral, o uso responsable de produtos fitosanitarios, a fruticultura e a horticultura ecolóxica. As inscricións estarán abertas a partir do mércores 15 de outubro.
O programa está dirixido a persoas de todas as idades interesadas no coidado da terra, a xardinería e a producción responsable de alimentos. Combinará contidos teóricos e prácticos, impartidos por profesionais especializados, e contará con prezos accesibles e prazas limitadas para facilitar a participación.
O primeiro dos cursos, de arte floral ornamental, celebrarase os venres 7, 21 e 28 de novembro, e 5 e 12 de decembro, en horario de 19.00 a 21.00 horas. Durante as sesións, os participantes aprenderán a crear centros, coroas e grilandas con temáticas de Nadal, mellorando así as súas habilidades decorativas. O custo será de 25 euros e o prazo de inscrición permanecerá aberto do 15 ao 31 de outubro.
O curso de produtos fitosanitarios, que permite obter o carné oficial homologado pola Xunta de Galicia, celebrarase en Rois os días 22, 23, 29 e 30 de novembro, e en Urdilde os días 8, 9, 15 e 16 de novembro, de 8.00 a 15.00 horas. A matrícula, que inclúe taxas e tramitación do carné, custa 125 euros, e as inscricións poderán realizarse do 15 ao 22 de outubro.
Xa en xaneiro, o Concello ofrecerá dous cursos máis: fruticultura, poda e enxertos, que se impartirá os sábados 10, 17, 24 e 31 de xaneiro de 10.00 a 12.30 horas, e horticultura ecolóxica, que se celebrará os venres 9, 16, 23 e 30 de xaneiro de 16.30 a 19.00 horas. Ambos teñen un custo de 25 euros e as inscricións estarán abertas do 15 de outubro ao 20 de decembro.
Este ciclo formativo enmárcase na aposta do Concello de Rois por fomentar a educación ambiental, prácticas agrícolas sostibles e ofrecer oportunidades de aprendizaxe práctica e ocio saudable á veciñanza.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- El héroe del último ascenso de la SD Compostela 'ficha' por el Deportivo
- Muere Jesús Bernal, el atleta más querido del circuito gallego
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos