Rematada a mellora da estrada de acceso ao campo de fútbol A Cañoteira en Cacheiras
O Concello de Teo finalizou o asfaltado dun tramo de 470 metros e máis de 3.800 m² de superficie, nunha obra financiada ao 100% pola Xunta con máis de 48.000 euros

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, xunto co arquitecto municipal / Cedida
El Correo Gallego
O Concello de Teo vén de rematar as obras de afirmado e acondicionamento da estrada municipal que conecta co campo de fútbol A Cañoteira, na parroquia de Cacheiras. A actuación realizouse ao abeiro dun convenio de colaboración coa Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e contou cun orzamento superior aos 48.000 euros, subvencionado na súa totalidade pola Xunta de Galicia.
O proxecto permitiu mellorar un tramo de 470 metros de lonxitude e 3.828 metros cadrados de superficie, que se atopaba en mal estado debido á falta de mantemento, ao intenso tráfico de vehículos e ás inclemencias meteorolóxicas. Ademais, detectáranse fugas na rede de abastecemento que provocaran afundimentos e fochancas, alterando a rasante da estrada.
As obras incluíron a limpeza das gabias, o asfaltado integral da capa de rodaxe, o recrecido de 27 tapas de rexistro e imbornais, así como a sinalización horizontal e vertical con pintado de liñas e colocación de sinais.
Segundo explicou o Concello, «con esta actuación mellóranse de forma notable as condicións de seguridade e funcionalidade da vía, tanto para os peóns como para o tráfico rodado».
A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, acompañada polo arquitecto municipal, supervisou persoalmente o resultado das obras, amosándose moi satisfeita co resultado final e coa mellora dos accesos ao recinto deportivo.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- El héroe del último ascenso de la SD Compostela 'ficha' por el Deportivo
- Muere Jesús Bernal, el atleta más querido del circuito gallego
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos