As manifestacións polas carencias de persoal seguen en Correos do Deza
Reclaman que se cubran as prazas existentes na unidade de reparto de Lalín vacantes
Actualmente, o reparto da correspondencia dos concellos de Agolada, Rodeiro, Dozón e Lalín está composto por tan só 14 dos 23 carteiros que deberían estar en plantilla para recorrer a diario máis de 700 km cadrados de territorio

Imaxe da protesta realizada hoxe / Cedida
Persoal de Correos protagonizou hoxe unha nova protesta diante da oficina de Correos da rúa B en Lalín. Segundo explican, «a empresa, lonxe de poñer solución a este conflicto laboral que xa se prolonga durante máis de ano e medio, só se centra en presionar cada vez máis ás poucas carteiras e carteiros que quedan en activo con leads, captación de clientes, para unha empresa privada como é Axa», trasladan.
Pretenden, do mesmo xeito, «que se realice un traballo de comercial cando non están formados para esta tarefa nin teñen a obriga» de realizala. «Resulta incluso ofensivo, que ante a falta de persoal e o pésimo servizo que se está a ofrecer ós veciños da comarca do Deza, Correos faga esta pésima xestión dos seus recursos», aportan fontes sindicais.
Actualmente, o reparto da correspondencia dos concellos de Agolada, Rodeiro, Dozón e Lalín está composto por tan só 14 dos 23 carteiros que deberían estar en plantilla para recorrer a diario máis de 700 km cadrados de territorio. E hai que lembrar que estas mobilizavións levan meses en marcha, de cara a reclamar máis carteiros e que se cubran as prazas existentes na unidade de reparto de Lalín vacantes, así como unhas condicions dignas de traballo. E quéixanse da sobrecarga laboral que sofren nas baixas.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- El héroe del último ascenso de la SD Compostela 'ficha' por el Deportivo
- Muere Jesús Bernal, el atleta más querido del circuito gallego
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Viveiros Compostela pone color a la Navidad: 'Cada año se vende más flor de Pascua
- Agotado el Bono Activa Comercio tras solo dos días en funcionamiento