O BNG rexeita as liquidacións da reparcelación de Barraña
O partido sinala que conteñen gastos que foron asumidos polo Concello de Boiro desde 2005 ata o 2022

Imaxe aérea do ámbito do Plan Parcial de Barraña. / Cedida
O BNG de Boiro solicitará no pleno que se paralice o cobro das liquidacións derivadas do proxecto de reparcelación do Plan Parcial de Barraña.
A portavoz local, Raquel Suárez, pide que se revogue o acordo da Xunta de Goberno do 23 de xuño e se convoquen reunións informativas cos afectados, así como medidas de aprazamento ou fraccionamento dos pagos para evitar cargas inasumibles para a veciñanza.
Dende o BNG din que estanse xirando liquidacións provisionais «que conteñen partidas de gastos asumidos polo Concello de Boiro desde o 2005 ata 2022». Non obstante, engaden, non se recolle «xustificación algunha da necesidade de reclamar os citados gastos neste momento nin da conveniencia de facelo», e sinalan que os elevados importes «impiden aos propietarios asumir os pagos sen endebedarse».
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos
- El Obradoiro arrasa con una victoria de equipo grande
- Llega a Santiago el equipo multidisciplinar que instalará el ciclotrón en el Centro de Protonterapia de Galicia
- Un fin de semana cargado de eventos dispara la ocupación hotelera en Santiago